CAMPO DE VOLUNTARIADO ERRADICADESCANTIA 2023

Presentamos o Campo de Voluntariado do Río Ulla “Erradicadescantia”, actividade gratuíta subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

PARTICIPANTES

Poderán participar aquelas mozas e mozos entre os 16 e os 35 anos que teñan interese en cuestións ambientais e culturais no medio rural.

O número de persoas participantes é limitado, prevalecendo a orde de inscrición para a reserva de praza.

 

DATAS

22, 23 e 24 de setembro de 2023

 

LOCALIZACIÓN

As diferentes accións ambientais e culturais desenvolveranse na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

 

CONDICIÓNS

As persoas inscritas comprométense a participar activamente nos diferentes labores do campo de voluntariado. En todo caso estarán cubertos os seus gastos de aloxamento e manutención, apeiros e útiles de traballo e seguros de accidentes e de responsabilidade civil.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Para o campo de voluntariado establécese unha programación de actividades de acordo ao seguinte modelo:

VENRES 18-19 H. Recepción das persoas participantes
VENRES 19-20 H. Presentación do ERRADICADESCANTIA
VENRES 20-22 H. Acomodo e cea das persoas participantes
VENRES 22-23 H. Experiencias SOStibles no Camiño de Santiago

—– Pernocta ——

SÁBADO 08-09 H. Hixiene e almorzo
SÁBADO 09-10 H. As EEI na RGEP
SÁBADO 10-14 H. Acción ambiental no Río Ulla (erradicación de flora invasora)
SÁBADO 14-16 H. Hixiene e xantar
SÁBADO 16-20 H. Vivenciando o fenómeno xacobeo
SÁBADO 20-22 H. Hixiene e cea
SÁBADO 22-23 H. Mesa creativa de iniciativas sostibles

—– Pernocta ——

DOMINGO 08-09 H. Hixiene e almorzo
DOMINGO 09-10 H. Laboratorio de futuro sobor o cambio climático no rural
DOMINGO 10-14 H. Acción ambiental no Río Ulla (erradicación de flora invasora)
DOMINGO 14-16 H. Hixiene e xantar
DOMINGO 16-19 H. Ruta interpretativa sobor o acervo natural, etnográfico e cultural no rural
DOMINGO 19-20 H. Avaliación e peche do Campo

 

Para formalizar a súa inscrición as persoas interesadas deberán cumprimentar o seguinte formulario antes do 18 de setembro

    Se es menor de idade:

    DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

    Xuntar Folla de autorizacións Formato PDF ou JPG

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.