CONSERVACIÓN DO BOSQUE ULLÁN, Ciclo de itinerarios pedagóxico-paisaxísticos
Presentamos “Conservación do bosque ullán” da Aula Ambiental Ulla+24 para o mércores 7 de agosto, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento á paisaxe da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza e aprender sobre os posibles coidados e aproveitamentos do bosque ullán.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas, dende onde nos desprazaremos até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese na descuberta da paisaxe ullá e os aproveitamentos do monte.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 4 DE AGOSTO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org
PRAZAS ESGOTADAS!