Xornadas micolóxicas COGOMELAR 2024

Presentamos as Xornadas Micolóxicas Cogomelar deste ano, actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+24, que conta coa colaboración da Deputación de A Coruña. Como cada outono, Amabul segue profundando no estudo e comprensión do mundo dos cogomelos, que nesta edición se desenvolverá o sábado 26 de outubro mediante a realización dos seguintes obradoiros:

1. OBRADOIRO DE INTRODUCIÓN AOS FUNGOS SAPRÓFITOS (de 10:00 a 14:00 horas): charla introdutoria sobor os fungos saprófitos máis comúns e saída de campo para recoñecemento e recolla dos mesmos.   

2. OBRADOIRO DE COGOMELOS E MEDIO AMBIENTE (de 16:30 a 17:30 horas): charla e taller sobor as contribucións dos fungos na mellora do ambiente e no benestar humano.

3. OBRADOIRO DE CULTIVO CASEIRO DE COGOMELOS (de 17:30 a 19:30 horas): taller de cultivo de cogomelos (cada participante poderá levar consigo o cultivo para velo medrar na súa casa).

 

LOCALIZACIÓN

O punto de partida de cada un dos obradoiros será a Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)

 

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito gratuíto á opción que desexen cumprimentando axeitadamente o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo, unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento en concepto de “Reserva de praza e materiais” de:

  • 10 € no caso de inscrición á xornada de mañá. 
  • 15 € no caso de inscrición á xornada de tarde.
  • 20 € no caso de inscrición ao día completo (e agasallo de navalla micolóxica). 

         As persoas asociadas a Amabul terán un 50% de desconto

A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 14 de outubro de acordo aos seguintes datos:

Concepto: COGOMELAR (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: De acordo á opción seleccionada e desconto (no caso de persoas asociadas)

Unha vez realizado o pagamento, a inscrición na actividade está confirmada. 

 

    Persoa asociada AMABUL

    Inscrición nas xornadas

    Grupo informativo

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.