Xornadas micolóxicas COGOMELAR 2022
Presentamos as Xornadas Micolóxicas Cogomelar deste ano, actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+22, subvencionado pola Deputación de A Coruña. Como cada outono, Amabul segue profundando no estudo e comprensión do mundo dos cogomelos, desenvolvendo para elo a metodoloxía propia “Hábitats, cores e formas”.
DATAS E HORARIOS
As distintas xornadas desenvolveranse os días 15, 22 e 23 de outubro de 2022, en horario de 10 a 14 horas, máis a xornada vespertina (de 16 a 20 horas) do día 15 de outubro.
LOCALIZACIÓN
As saídas de campo desenvolveranse en diferentes contornas naturais da comarca ullá e as actividades de análise e estudo de cogomelos levaranse a cabo no Centro Sociocultural de Vedra.
PROGRAMA TIPO DAS XORNADAS
Para cada unha das catro xornadas desta edición estipúlase a seguinte programación base (que poderá cambiar en función das condicións meteorolóxicas):
10:00 h. Saída de campo (para cada xornada enviaranse as coordeadas ás persoas participantes)
12:00 h. Almorzo cortesía de Amabul
12:30 h. Análise e estudo de cogomelos no Centro Sociocultural de Vedra
14:00 h. Peche da xornada
INSCRICIÓNS
As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito gratuíto ao número de xornadas que desexen cumprimentando axeitadamente o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo, unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento en concepto de “Reserva de praza e materiais” de:
- 10€ no caso de inscrición a 1 xornada.
- 15 € no caso de inscrición a 2 xornadas.
- 20 € no caso de inscrición a 3 xornadas.
- 25 € no caso de inscrición a 4 xornadas.
As persoas asociadas a Amabul terán un 50% de desconto
A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 7 de outubro de acordo aos seguintes datos:
Concepto: COGOMELAR (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)
Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL
IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820
Importe: De acordo ao número de xornadas seleccionadas e descontos (no caso de persoas asociadas)
FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN