Xornadas micolóxicas COGOMELAR
Presentamos as Xornadas Micolóxicas Cogomelar deste ano, actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla, subvencionado pola Deputación de A Coruña. Como cada outono, Amabul segue profundando no estudo e comprensión do mundo dos cogomelos, desenvolvendo para elo a metodoloxía propia “Hábitats, cores e formas”.
DATAS E HORARIOS
As distintas xornadas desenvolveranse os días 16, 23, 30 e 31 de outubro de 2021, en horario de 10 a 14 horas.
LOCALIZACIÓN
As saídas de campo desenvolveranse en diferentes contornas naturais da comarca ullá e as actividades de análise e estudo de cogomelos levaranse a cabo no Centro Sociocultural de Vedra.
PROGRAMA TIPO DAS XORNADAS
Para cada unha das catro xornadas desta edición estipúlase a seguinte programación base (que poderá cambiar en función das condicións “COVID” e meteorolóxicas):
10:00 h. Saída de campo (para cada xornada enviaranse as coordeadas ás persoas participantes)
12:00 h. Almorzo cortesía de Amabul
12:30 h. Análise e estudo de cogomelos no Centro Sociocultural de Vedra
14:00 h. Peche da xornada
INSCRICIÓNS
As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito gratuíto ao número de xornadas que desexen cumprimentando axeitadamente o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo, unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento de 6€/xornada en concepto de “Reserva de praza e materiais” (as persoas asociadas a Amabul terán un 50% de desconto).
A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 1 de outubro de acordo aos seguintes datos:
Concepto: COGOMELAR (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)
Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL
IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820
Importe: De acordo ao número de xornadas seleccionadas e descontos (no caso de persoas asociadas)

