A CARBALLEIRA ULLÁ, Escola da Flora
Presentamos “A Carballeira ullá” da Aula Ambiental Ulla+24 para o xoves 11 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento á especie predominante nas carballeiras da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza mediante un obradoiro de antotipia vexetal.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 9:30 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da flora.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 8 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org
PRAZAS ESGOTADAS