AVES DO ULLA, Escola da Fauna
Presentamos “Aves do Ulla” da Aula Ambiental Ulla+22 para o venres 19 de agosto, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais especies de aves da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza a través dunha actividade formativo-activa.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a casa do concello de Vedra ás 9:00 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da fauna.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 17 DE AGOSTO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org