AVELAÍÑAS DO ULLA, Escola da Fauna
Seguimos ca Escola da Fauna da Aula Ambiental Ulla+24 coa actividade “Avelaíñas do Ulla” o venres 26 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás especies de avelaíñas presentes na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 22:30 horas.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da fauna.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 22 de XUÑO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org
PRAZAS ESGOTADAS!