AS INVASORAS DO ULLA, Escola da Flora
Presentamos “As invasoras do Ulla” da Aula Ambiental Ulla para o venres 16 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos fomentar na poboación o coñecemento da flora exótica invasora do sistema fluvial Ulla-Deza e a necesidade de actuar sobor ela.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra) ás 10:00 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento da flora.
Por mor dos protocolos COVID as prazas poderán ser limitadas.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 14 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org