A PAISAXE NO SOTOBOSQUE, Ciclo de itinerarios pedagóxico-paisaxísticos
Presentamos “A paisaxe no sotobosque” da Aula Ambiental Ulla+23 para o xoves 27 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento aos atributos da paisaxe do sotobosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas, dende onde nos desprazaremos á contorna da Área da Burga de Pontevea.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese na descuberta da paisaxe ullá.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 25 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org

