A PAISAXE DA AUGA E DAS PEDRAS, Ciclo de itinerarios pedagóxico-paisaxísticos
Presentamos “A paisaxe da auga e das pedras” da Aula Ambiental Ulla+23 para o mércores 19 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento aos atributos arquitectónicos e etnográficos da paisaxe ullá.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas, dende onde nos desprazaremos a Área de Interpretación dos Muíños de Vilanova.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese na descuberta da paisaxe ullá.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 16 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org

