Amabul organiza Curso de Director/a de Campos de Traballo
Amabul desenvolverá durante este mes de xuño o curso de Director/a de Campos de Voluntariado, homologado pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, en modalidade mixta (presencial e online).
REQUERIMENTOS
Estar en posesión do título de director/a de actividades de tempo libre e ter experiencia como director/a do equipo de animación en, polo menos, un campamento de 15 días.
DATAS
As 50 horas desenvolveranse entre o 12 e o 27 de xuño de 2021
O inicio do curso será o sábado 12 ás 9:00
As sesións presenciais serán os sábados: 12, 19 e 26 de xuño de 2021
As sesións on line serán os domingos: 20 e 27 de xuño de 2021
HORARIOS
As sesións presenciais serán en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00
LUGAR DE REALIZACIÓN
As sesións presenciais desenvolveranse na Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra – A Coruña)
PRAZAS TOTAIS
25 alumnas/os
PREZO
200€ (cota xeral). Tasas de expedición de título non incluídas.
150€ (cota persoas asociadas). Tasas de expedición de título non incluídas.
MATRÍCULA
Para realizar a inscrición no curso deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e enviar recibo de pagamento, antes do 31 de maio, ao correo amabul@amabul.org.
Para garantir a reserva de praza é preciso realizar o ingreso do importe da matrícula (cantidade que se reembolsará no caso de suspensión do curso) de acordo aos seguinte datos:
Concepto: CURSO DCT (NOME E APELIDOS DA/O ALUMNA/O)
Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL
IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820
Importe: 150 EUROS (persoas asociadas) 200 EUROS (persoas non asociadas)
PRÁCTICAS
14 días de prácticas nun campo de traballo (tras superar a parte teórica).
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.
PROGRAMA DO CURSO
1. Características xerais que definen un campo de voluntariado: marco de relación e comunicación para as persoas participantes.
2. As administracións e as entidades organizadoras. Acordos de cooperación.
3. Tipoloxías de campos de voluntariado e aprendizaxe.
3.1. Patrimonio arquitectónico.
3.2. Arqueoloxía.
3.3. Protección da natureza.
3.4. Acción comunitaria.
3.5. Coñecementos sobor o país ou comunidade.
3.6. Outros. Técnicas específicas; agricultura, gandería e pesca.
4. O traballo técnico.
4.1. Horarios, recursos, material e ferramentas de traballo.
4.2. Material específico.
5. Persoal e tarefas.
5.1. Equipo: monitoras/es, director/a, cociña, xerencia…
5.2. O equipo técnico.
6. O aloxamento.
7. Participantes: necesidades e demandas.
7.1. Funcionamento diario, marco normativo, de convivencia e práctico.
7.2. Actividades alternativas e complementarias.
8. Seguros: de accidentes e de responsabilidade civil.
9. Criterios de selección.
9.1. Traballo axeitado ás persoas destinatarias e que lles resulte gratificante.
9.2. Interese da entidade que propón o campo de traballo.
9.3. Quendas.
9.4. Existencia dun proxecto global no que se inclúe o campo.
9.5. Dispoñibilidade de infraestruturas axeitadas para o campo.

