ALTERACIÓNS DA PAISAXE, Ciclo de itinerarios pedagóxico-paisaxísticos
Presentamos “Alteracións da paisaxe” da Aula Ambiental Ulla+24 para o xoves 18 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento á paisaxe do bosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, e ás alteracións que esta sofre.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas, dende onde nos desprazaremos até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese na descuberta da paisaxe ullá.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 15 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org
PRAZAS ESGOTADAS!