Acción formativa do proxecto TERRA (xuño)
Presentamos acción formativa do proxecto TERRA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.
Con esta acción de formación e capacitación en materia de horta ecolóxica, procuramos recoñecer a importancia da produción dos cultivos ecolóxicos e sustentables baseados na economía tradicional, a través do seguinte
OBXECTIVO
_descubrir as potencialidades da produción de cultivos no medio rural
CONTIDOS
_ o traballo tradicional da terra
_ o uso sustentable da terra
_ os principais cultivos ecolóxicos
CANDO E ONDE?
5 de xuño de 2025 ás 17 horas na Aula Ambiental Amabul (Vedra)
INSCRICIÓNS E MÁIS INFO
voluntariado@amabul.org


