Acción formativa do proxecto LUZ (xuño)
Presentamos acción formativa do proxecto LUZ do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.
Con esta acción de formación e capacitación en materia de riqueza ambiental, procuramos recoñecer a importancia da riqueza ambiental da ZEC, no relativo aos bosques e aos fungos, a través do seguinte
OBXECTIVO
_recoñecer a riqueza fúnxica na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza
CONTIDOS
_ o ecosistema do bosque de ribeira
_ os cogomelos silvestres
_ os servizos ambientais dos fungos
CANDO E ONDE?
3 de xuño de 2025 ás 17 horas na Aula Ambiental Amabul (Vedra)
INSCRICIÓNS E MÁIS INFO
voluntariado@amabul.org


