Acción formativa do proxecto LUME (xuño)

Presentamos acción formativa do proxecto LUME do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.

Con esta acción de formación e capacitación en materia de cociña ecolóxica, procuramos recoñecer a importancia da transformación e comercialización dos produtos procedentes de cultivos ecolóxicos e sustentables baseados na economía tradicional, a través do seguinte

 

OBXECTIVO

_descubrir as potencialidades da transformación de cultivos no medio rural

 

CONTIDOS

_ os usos dos cultivos ecolóxicos

_ os xeitos de transformación dos cultivos

_ a cociña tradicional galega

 

CANDO E ONDE?

2 de xuño de 2025 ás 17 horas na Aula Ambiental Amabul (Vedra)

 

INSCRICIÓNS E MÁIS INFO

voluntariado@amabul.org