Acción formativa do proxecto LUME (xullo)
Presentamos acción formativa do proxecto LUME do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.
Con esta acción de formación e capacitación en materia de cociña ecolóxica, procuramos recoñecer a importancia da transformación e comercialización dos produtos procedentes de cultivos ecolóxicos e sustentables baseados na economía tradicional, a través do seguinte
OBXECTIVO
_descubrir as potencialidades da transformación de cultivos no medio rural
CONTIDOS
_ os preparados tradicionais
_ as técnicas de cociña tradicional
_ as técnicas de conservación
CANDO E ONDE?
10 de xullo de 2025 ás 10 horas na Aula Ambiental Amabul (Vedra)
INSCRICIÓNS E MÁIS INFO
voluntariado@amabul.org