Acción formativa do proxecto AUGA (xuño)

Presentamos acción formativa do proxecto AUGA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.

Con esta acción de formación e capacitación en materia de conservación e recuperación de ecosistemas, procuramos recoñecer a importancia da protección da biodiversidade específica e ecosistémica da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, a través do seguinte

 

OBXECTIVO

_recoñecer a importancia da protección dos ecosistemas no medio rural

 

CONTIDOS

_ a biodiversidade ecosistémica

_ a biodiversidade específica

_ a protección dos ecosistemas

 

CANDO E ONDE?

6 de xuño de 2025 ás 17 horas na Aula Ambiental Amabul (Vedra)

 

INSCRICIÓNS E MÁIS INFO

voluntariado@amabul.org