A ESTRUTURA VEXETAL, Escola da Flora
Presentamos nova actividade da Escola da Flora “A estrutura vexetal” da Aula Ambiental Ulla+26 para o venres 3 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás adaptacións da flora da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, co fin de comprender de preto a organización das súas estruturas e funcións.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 10:00 horas.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese na flora da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 25 DE XUÑO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org
PRAZAS ESGOTADAS!

