A BOTICA DA CONTORNA, Escola da Flora
Presentamos “A botica da contorna” da Aula Ambiental Ulla+23 para o martes 11 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, coa cal realizaremos unha aproximación aos atributos terapéuticos da paisaxe da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas, dende onde haberá servizo de transporte até o lugar de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da flora.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 9 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org