Cogomelar

N

o ano 2014 nacían as xornadas micolóxicas Cogomelar como un proxecto que procuraba pór en valor o importante patrimonio fúnxico dos nosos bosques, partindo da importancia da conservación do recurso “bosque” como ápice do proceso de capacitación ambiental no mundo dos cogomelos.

Deste xeito, outono tras outono, Amabul deseña un conxunto de sesións teórico-prácticas seguindo un método innovador para a identificación dos cogomelos, tomando en consideración os seus caracteres organolépticos, macroscópicos, microscópicos e ambientais.

As cogomeleiras e cogomeleiros atópanse un formato diferente de aprendizaxe progresiva no que, empregando o símil, aprenden a ler cogomelos, “comezando polas letras, logo as sílabas, palabras, frases…”. Con este método buscamos que se interiorice o significado e a importancia dos fungos, alén da súa importancia gastronómica.

As últimas novas do Cogomelar

COGOMELAR 2026 | Charlas Micolóxicas

 

Un outono máis, COGOMELAR convídanos a descubrir a extraordinaria diversidade do mundo dos fungos. No marco da Semana Micolóxica Galega presentamos un ciclo de seis Charlas Micolóxicas que percorrerá diferentes concellos galegos para achegar …

Últimas novidades taxonómicas nos fungos hipoxeos

 

O ciclo de charlas da Semana Micolóxica Galega COGOMELAR 2026 remata na Pobra do Caramiñal cunha sesión dedicada aos fungos hipoxeos e ás últimas novidades arredor da súa taxonomía.

Ita Paz será a encargada de …

Consulta se está activa algunha actividade do Cogomelar e cumprimenta o seguinte formulario para poder participar.

logo Cogomelar

Erro: Formulario de contacto non atopado.