Aula Ambiental Ulla

E

ste proxecto, financiado pola Deputación de A Coruña, nace no ano 2019 co gallo de pór en valor o acervo ambiental da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza. Trátase dun aglomerado de actividades ambientais coas que procuramos que as e os participantes realicen un achegamento aos atributos naturais deste espazo protexido por Natura 2000.

Anualmente, no formato de aulas ambientais, proxectamos saídas de campo, itinerarios pedagóxicos, obradoiros ambientais e sesións formativas e de acción para diferentes destinatarias/os, co gallo de fornecer de actitudes e ferramentas á poboación para conservar, promover e defender os recursos naturais e ambientais do seu territorio.

Nestas actividades poden participar, de xeito gratuíto, as persoas que cumpran os requirimentos estipulados para cada unha delas.

Aula Ambiental Ulla

As últimas novas da Aula Ambiental Ulla

XORNADA ERRADICADESCANTIA 25 MAIO 2024

Seguimos co Proxecto para a erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla.

Este proxecto pretende liberar o sotobosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza para que especies autóctonas como …

ESCOLA AMBIENTAL AMABUL MAIO 2024

Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de maio: Augas Vivas.
Nesta xornada aprenderemos como a auga xoga un papel vital na creación e mantemento dunha horta saudable. A través de xogos, actividades …

XORNADA ERRADICADESCANTIA 27 ABRIL 2024

Seguimos co Proxecto para a erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla.

Este proxecto pretende liberar o sotobosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza para que especies autóctonas como …