ERRADICADESCANTIA SENS-INFO 1 DECEMBRO 2026
E avanzamos no Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia, cunha nova xornada Erradicadescantia sens-info, dedicada á formación e á sensibilización en voluntariado ambiental. A partir da experiencia dos últimos anos do programa, as persoas participantes coñecerán os impactos das especies exóticas invasoras e explorarán como pode contribuír o voluntariado ao seu control e á recuperación dos espazos afectados.
A actividade terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense) grazas á colaboración da Sociedade Galega de Historia Natural. A participación desta entidade permite achegar o programa Erradicadescantia ao territorio ourensán e seguir promovendo a sensibilización ambiental, o coñecemento da biodiversidade e a implicación da cidadanía en accións de conservación e recuperación ambiental.
Este programa conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
DATA E LOCALIZACIÓN
Martes 1 de decembro de 2026 ás 19:30 horas.
Centro Cultural Marcos Valcárcel – Ourense
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese no voluntariado ambiental e a mellora da contorna.
Actividade financiada pola
![]()
![]()


