ESCOLA AMBIENTAL AMABUL NADAL 2026
Dende o equipo educativo de AMABUL abrimos unha nova etapa da Expedición Aire, unha misión ambiental na que as nenas, nenos, mozas e mozos participantes se converterán en observadoras e observadores da natureza para descubrir a importancia do aire, do clima e dos ecosistemas que nos rodean. Durante este Nadal emprenderemos unha viaxe chea de retos, xogos, investigacións e aventuras no medio natural para aprender, explorar e actuar en favor do noso planeta.
Prepárate para despegar con nós e formar parte desta gran expedición ambiental!
PARTICIPANTES
- Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2021 e 2023)
- Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2015 e 2020)
- Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2015)
* É necesario estar asociada/o a AMABUL, faino dun xeito sinxelo premendo aquí
DATAS E HORARIOS
Os campamentos desenvolveranse entre o 22 de decembro de 2026 e o 7 de xaneiro de 2027 de luns a venres (agás festivos), en horario de 8:30 a 14:30 horas
LUGAR DE REALIZACIÓN
Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra – A Coruña) e diferentes espazos naturais da contorna
ACTIVIDADES
Como ven sendo habitual, AMABUL practica unha pegadoxía do lecer centrada na descuberta da e coa contorna, espertando nas nenas, nenos, mozas e mozos o necesario sentimento de conexión coa natureza, coa comunidade e co mundo no que viven, a través de actividades como:
- Xogos e xincanas ambientais.
- Descubertas da contorna.
- Aprendizaxe sensorial.
- Excursións e saídas de campo.
- Obradoiros de mellora do medio.
- Actividades de investigación.
- Coensinanza libre.
- E moitas máis…




PREZO
125 €
***Desconto do 20% a partir da/o segunda/o irmá/n
SERVIZO CONCILIA
Necesitas ampliar o horario? Este ano ofrecemos a modalidade Concilia, cun horario ampliado de 8:00 a 16:00 horas, para facilitar a organización familiar durante as vacacións de Nadal. Suplemento Concilia: +45 € (A realización deste servizo require un mínimo de 7 participantes)
Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e enviar recibo de pagamento, ATÉ O 13 DE DECEMBRO ao correo xuvenil@amabul.org.
Para garantir a reserva de praza é preciso realizar o ingreso do importe da matrícula de acordo aos seguintes datos:
Concepto: INSCRICIÓN EAN (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)
Beneficiario: ASOCIACION MEDIAMBIENTAL AMABUL
IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820
Importe: DE ACORDO AO SERVIZO SOLICITADO


