ERRADICADESCANTIA SENS-INFO 28 NOVEMBRO 2026

E avanzamos no Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia, cunha nova xornada Erradicadescantia sens-info de formación e sensibibilización en materia de voluntariado ambiental, na que as persoas participantes realizarán un achegamento á problemática das especies exóticas invasoras e a posibles estratexias de recuperación ambiental empregando o modelo e experiencia dos últimos anos do programa Erradicadescantia.

Esta actividade terá lugar na Casa da Escola de Couso (A Estrada) grazas á colaboración da Asociación A Xesteira. A participación desta asociación permite achegar o programa Erradicadescantia ao territorio e seguir promovendo a sensibilización ambiental, o coñecemento da biodiversidade e a implicación da cidadanía en accións de conservación e recuperación ambiental.

Este programa conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Sábado 28 de novembro de 2026 ás 12:00 horas.

Casa da Escola de Couso – A Estrada (Pontevedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese no voluntariado ambiental e a mellora da contorna.

 

Actividade financiada pola