A IMPORTANCIA AMBIENTAL DOS LAVADOIROS 27 NOVEMBRO 2026
Continuamos co FALADOIROS 2026, un proxecto financiado pola Deputación da Coruña, co que procuramos recuperar e pór en valor a memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros ulláns.
Comezamos novo ciclo A importancia ambiental dos lavadoiros descubrindo a importancia da auga, dos lavadoiros e da súa relación coa paisaxe, a cultura e a memoria das comunidades galegas.
DATA E LOCALIZACIÓN
Venres 27 de novembro de 2026 ás 19:00 horas.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa con interese na preservación do legado cultural e social dos lavadoiros.
*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.
INSCRICIÓN
Para participar só tés que cubrir o seguinte formulario ANTES DO MARTES 24 DE NOVEMBRO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a faladoiros@amabul.org


