FALADOIROS DA MEMORIA LOCAL 30 OUTUBRO 2026
Continuamos co FALADOIROS 2026, un proxecto financiado pola Deputación da Coruña, co que procuramos recuperar e pór en valor a memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros ulláns.
Nesta última sesión do ciclo de Faladoiros da memoria local compartiremos novas historias, reflexións e experiencias arredor dos lavadoiros ulláns, poñendo en común os recordos recompilados durante as semanas anteriores e iniciando unha visión colectiva da memoria recuperada.
DATA E LOCALIZACIÓN
Venres 30 de outubro de 2026 ás 19:00 horas.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa con interese na preservación do legado cultural e social dos lavadoiros.
*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.
INSCRICIÓN
Para participar só tés que cubrir o seguinte formulario ANTES DO MARTES 27 DE OUTUBRO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a faladoiros@amabul.org


