A MICOBIOTA ULLÁ: resultados do estudo sobre os fungos do Val do Ulla
O ciclo de charlas da Semana Micolóxica Galega COGOMELAR 2026 pecharase cunha sesión moi especial dedicada á presentación dos resultados do estudo MICOBIOTA ULLÁ, unha iniciativa na que participan especialistas micolóxicos de referencia estatal que, entre os días 19 e 23 de outubro, percorrerán diferentes puntos do Val do Ulla para documentar a súa riqueza fúnxica.
Ao remate desta intensa semana de prospeccións e traballos de campo, as persoas participantes presentarán os principais resultados obtidos, as especies máis destacadas localizadas e algúns dos descubrimentos máis interesantes realizados nos diferentes hábitats estudados. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man a extraordinaria diversidade de fungos do Val do Ulla e achegarse ao traballo científico que permite comprender e poñer en valor este importante patrimonio natural.
? Venres, 23 de outubro
? 20:00 h
? Aula Ambiental Amabul (Vedra)

