Novas tecnoloxías na micoloxía: uso responsable, límites e erros

 

As novas tecnoloxías están cada vez máis presentes na forma na que observamos, rexistramos e interpretamos a biodiversidade. A micoloxía non é allea a esta realidade. Aplicacións móbiles, plataformas dixitais e ferramentas baseadas en intelixencia artificial poden abrir novas posibilidades para achegarnos ao mundo dos fungos, pero tamén presentan limitacións que cómpre coñecer.

No marco da Semana Micolóxica Galega COGOMELAR, AMABUL organiza o obradoiro micófilo «Novas tecnoloxías na micoloxía: uso responsable, límites e erros», coa colaboración da Asociación Poupariña.

A actividade propón achegarnos a estas ferramentas dende unha perspectiva crítica, aprendendo a valorar a información que ofrecen, recoñecer os seus erros e comprender por que a tecnoloxía non debe substituír o coñecemento, a observación directa e os criterios necesarios para unha identificación responsable.

Unha oportunidade para unir micoloxía e tecnoloxía sen perder o rigor, fomentando unha relación máis consciente co patrimonio fúnxico e coas ferramentas dixitais que empregamos para coñecelo.

Trátase dunha actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+26, financiado pola Deputación da Coruña.

 

? Venres, 16 de outubro
? 18:30 h
? Casa Dopeso (As Pontes)

 

    FORMULARIO DE INSCRICIÓN

    POLÍTICA DE PRIVACIDADE


    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.