O xénero Amanita e situación actual da secc. Vaginatae
A segunda charla de COGOMELAR 2026 lévanos até Carcacía, no concello de Padrón, para continuar explorando a diversidade do mundo dos fungos.
Nesta ocasión, Manuel Plaza centrará a sesión no xénero Amanita e na situación actual da sección Vaginatae. Unha proposta para profundar no coñecemento dun grupo de especial interese dentro da micoloxía e achegarnos á súa realidade actual.
? Luns, 19 de outubro
? 20:00 h
? Local da AAVV A Sociedade de Carcacía Rumille (Padrón)

