Xornadas micolóxicas COGOMELAR 2026
Presentamos as Xornadas Micolóxicas COGOMELAR 2026, unha nova edición desta iniciativa coa que AMABUL continúa afondando no coñecemento, interpretación e posta en valor do mundo dos fungos; trátase dunha actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+26, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
Nesta ocasión, as xornadas desenvolveranse o sábado 17 de outubro de 2026, cun programa que abordará a micoloxía desde diferentes perspectivas, combinando coñecemento dos ecosistemas, observación e identificación no medio natural, gastronomía, etnografía e novos usos dos fungos.
1. CHARLA MICOLÓXICA “A micoloxía e os seus ecosistemas” (de 10:00 a 11:00 horas): charla introdutoria sobor o mundo dos fungos e á súa relación cos ecosistemas nos que se desenvolven.
2. SAÍDA MICOLÓXICA “Cogomelos na ZEC Ulla-Deza” (de 11:00 a 14:00 horas): saída de campo centrada na observación dos cogomelos presentes neste espazo natural.
3. OBRADOIRO MICÓFILO “Destilados fúnxicos” (de 16:30 a 18:00 horas): taller arredor das posibilidades de destilación dos cogomelos.
4. OBRADOIRO MICÓFILO “Gastronomía e etnografía mico” (de 18:00 a 19:30 horas): showcooking con produtos tradicionais e cogomelos.
LOCALIZACIÓN
O punto de partida de cada un dos obradoiros será a Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
INSCRICIÓNS
As persoas interesadas (idade mínima 8 anos) poderán inscribirse de xeito gratuíto á opción que desexen cumprimentando axeitadamente o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo, unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento en concepto de “Reserva de praza e materiais” de:
- 15 € no caso de inscrición á xornada de mañá.
- 15 € no caso de inscrición á xornada de tarde.
- 25 € no caso de inscrición ao día completo (e agasallo de navalla micolóxica).
A actividade é gratuíta para as persoas asociadas a AMABUL
A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 10 de outubro de acordo aos seguintes datos:
Concepto: COGOMELAR (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)
Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL
IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820
Importe: De acordo á opción seleccionada
Unha vez realizado o pagamento, a inscrición na actividade está confirmada. No caso de cancelación non se devolverá a “cota de reserva de praza” alén do 10 de outubro.

