SAÍDA ENOMICOLÓXICA FINCA DA CORGA

Fungos, castiñeiros, viñedos e viños danse cita nunha xornada para descubrir o territorio dende unha perspectiva diferente.

AMABUL propón unha nova experiencia arredor da micoloxía, nesta ocasión nun escenario especialmente singular: a Finca da Corga, na Pobra de Trives.

A xornada comezará cunha saída micolóxica pola contorna, na que nos achegaremos á diversidade de fungos presentes no territorio a través da observación directa, a identificación e a interpretación das especies atopadas.

Pero desta volta a experiencia irá máis alá do monte. A actividade completarase cunha visita á adega da Finca da Corga, que permitirá achegarnos á súa dimensión vitivinícola, e finalizará cunha degustación de viño.

Unha proposta na que micoloxía, viñedo e territorio se encontran para gozar e aprender da natureza dende diferentes perspectivas.

Trátase dunha actividade realizada en colaboración coa Adega A Corga e coa Xuntanza de micólogos “Os Cogordos” de Ourense.

 

INFORMACIÓN PRÁCTICA

  • Punto de encontro: Aparcadoiro da Adega A Corga.
  • Horario: Domingo 11 de outubro de 10:00 a 14:00 h.
  • Nivel: apto para público xeral.
  • Recoméndase calzado cómodo, roupa axeitada e auga.

 

INSCRICIÓNS (PRAZAS LIMITADAS)

As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito totalmente gratuíto cumprimentando o seguinte formulario até o 7 de outubro.

 

PRAZAS ESGOTADAS PARA ESTA ACTIVIDADE