SAÍDA MICOLÓXICA BOSQUE DE RIDIMOAS
AMABUL presenta nova Saída micolóxica nesta ocasión ao Bosque de Ridimoas. A actividade ten como finalidade comprender como responden os fungos aos incendios forestais e cal é o seu papel na recuperación ecolóxica do monte queimado. A saída céntrase en observar e interpretar fungos pirófitos, especies que aparecen ou se activan tralo lume, e que contribúen á restauración dos solos.
A saída, conducida por José Manuel Castro Marcote, está deseñada para que as persoas participantes poidan ver no terreo real como evolucionou o bosque de Ridimoas tralo brutal incendio do pasado verán e como os fungos actúan como axentes pioneiros na recuperación ecolóxica.
Trátase dunha actividade realizada en colaboración coa Asociación Ridimoas e coa Xuntanza de micólogos “Os Cogordos” de Ourense.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- Punto de encontro: Igrexa de Santa María de Beade.
- Horario: Sábado 10 de outubro de 10:00 a 14:00 h.
- Nivel: apto para público xeral.
- Recoméndase calzado cómodo, roupa axeitada e auga.
INSCRICIÓNS (PRAZAS LIMITADAS)
As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito totalmente gratuíto cumprimentando o seguinte formulario até o 2 de outubro.

