CURSO DE INICIACIÓN Á MICOLOXÍA
AMABUL continúa a tempada de cogomelos cun novo Curso de Iniciación á Micoloxía, promovido polo GDR Terras de Compostela, no que acompañamos ás persoas participantes nun achegamento práctico e significativo á identificación de fungos. O curso está pensado para que cada persoa poida mellorar a súa capacidade de recoñecer especies, comprender os seus hábitats e avanzar con seguridade no camiño da micoloxía.
Ao longo das tres sesións combinaremos observación directa, saídas de campo, traballo con claves e guías, e revisión de exemplares, para que cada participante adquira criterio, confianza e autonomía na identificación micolóxica.
CONTIDOS
- Módulo 1. Introdución á micoloxía
- Módulo 2. Bioloxía e ecoloxía dos fungos
- Módulo 3. Metodoloxía de campo
- Módulo 4. Identificación básica de cogomelos
- Módulo 5. Seguridade e toxicidade
- Módulo 6. Cogomelos comestibles e usos tradicionais
- Módulo 7. Prácticas de laboratorio e análise
Este curso está deseñado para que cada persoa participante poida avanzar na identificación micolóxica de forma accesible, rigorosa e práctica, e para que, co tempo, poida seguir medrando como micóloga.
DESTINATARIAS/OS
A actividade está dirixida a persoas maiores de 18 anos. Prazas limitadas!
DATAS
O curso desenvolverase os sábados 10, 17 e 24 de outubro en horario continuo de 10:00 a 19:00 horas, cunha pausa de 30 minutos para xantar tipo picnic (por conta das persoas participantes).
LOCALIZACIÓN
INSCRICIÓNS
As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito gratuíto cumprimentando o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo, unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento de 10 € en concepto de “Reserva de praza”.
A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 27 de setembro de acordo aos seguintes datos:
Concepto: CURSO INICIACIÓN (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)
Beneficiario: ASOCIACION MEDIAMBIENTAL AMABUL
IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820
Importe: 10 EUROS
Unha vez realizado o pagamento, a inscrición na actividade está confirmada. No caso de cancelación non se devolverá a “cota de reserva de praza” alén do 27 de setembro.

