CURSO DE CULTIVO MICOLÓXICO

Comeza a tempada de cogomelos en AMABUL con este Curso de Cultivo Micolóxico, promovido polo GDR Terras de Compostela, co que procuramos que as persoas participantes realicen un achegamento significativoao cultivo de cogomelos, afondando nos seus conceptos básicos, nos principais procedementos e nas especies de maior interese.

Amais desenvolveremos unha parte práctica a través da cal prepararemos unha placa produtora de cogomelos para levar á casa. Como material de apoio, todas as persoas participantes recibirán un exemplar do manual «Domesticación de cogomelos: pautas, parámetros, especies e lexislación» publicado pola Xunta de Galicia, para poder seguir experimentando e aprendendo sobor o seu cultivo.

 

DATA

O curso desenvolverase o sábado 26 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

 

LOCALIZACIÓN

Aula Ambiental Amabul (Vedra)

 

DIPLOMA DE APROVEITAMENTO

As persoas participantes que asistan, cando menos, ao 75 % das horas lectivas do curso recibirán un diploma de aproveitamento acreditativo da súa participación na acción formativa.

 

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito gratuíto cumprimentando o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo, unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento de 10 € en concepto de  “Reserva de praza”.

A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 20 de setembro de acordo aos seguintes datos:

Concepto: CURSO CULTIVO (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: 10 EUROS

Unha vez realizado o pagamento, a inscrición na actividade está confirmada. No caso de cancelación non se devolverá a “cota de reserva de praza” alén do 20 de setembro.

 

PRAZAS ESGOTADAS PARA ESTA EDICIÓN