ESCOLA AMBIENTAL 3 XULLO 2025 (EA SCOUT)
Chega nova actividade EA SCOUT á Escola Ambiental Amabul!
Trátase dunha saída de campo na contorna do Río Tea (Ponteareas – Pontevedra) para a interacción cos seus elementos sociais, culturais, etnográficos e naturais co gallo de dar contido e significado ás persoas participantes dentro do seu contexto sociocultural e socioambiental, explorando o seu rol individual e colectivo na sociedade actual, explorando nesta ocasión a flora e fauna dos ecosistemas de ribeira galegos.
Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
DATA E HORARIO
Xoves 3 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 horas.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Senda do Río Tea (Ponteareas – Pontevedra)
INSCRICIÓN
Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario até o 1 de xullo.
INSCRICIÓNS PECHADAS
Actividade financiada pola


