XORNADA ERRADICADESCANTIA 28 XUÑO 2025

Continuamos co Programa Erradicadescantia cunha sesión de Erradica sens-act na que faremos seguimento, control e eliminación de flora exótica invasora; e cunha actividade Erradica sens-form que consistirá nun achegamento á biodiversidade entomolóxica da área de acción do Programa Erradicadescantia, que nos permitirá analizar o estado de conservación do río Ulla.
Sáb

Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Sábado 28 de xuño de 2025 ás 10:00h

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.

 

PROGRAMA DA XORNADA 

ERRADICA SENS-ACT                                      

10:00h Recepción do Voluntariado

10:15h Labores de eliminación de flora invasora

12:00h Almorzo con Amabul

12:30h Labores de eliminación de flora invasora

14:30h Xantar con Amabul

 

ERRADICA SENS-FORM

16:00 Actividade de mostraxe da entomofauna ullá

 

As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario, amais de disfrutar dunha sesión de educación ambiental sobor a biodiversidade no río Ulla e a importancia da súa conservación.

Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ATÉ O 25 DE XUÑO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

 

 

    Se es menor de idade:

    XANTAR e ACTIVIDADE

    Marca a/s casiña/s se vas participar na actividade da mañá, quedarte a xantar e/ou á actividade da tarde:

    Actividade de mañá:

    Xantar:


    Actividade de tarde:

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.

    Actividade financiada pola