CAMPAMENTO AMBIENTAL AGOSTO 2025

Como novidade este ano AMABUL desenvolve un campamento ambiental de 8 días de duración (7 noites) na contorna natural do Río Miño a seu paso polo concello de Portomarín (Lugo).

 

PARTICIPANTES

  • Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2013 e 2018)
  • Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2013)

 

DATAS 

Do 21 ao 28 de agosto (8 días, 7 noites)

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Albergue xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín – Lugo).

 

ACTIVIDADES

Como ven sendo habitual, AMABUL practica unha pegadoxía do lecer centrada na descuberta da e coa contorna, espertando nas nenas, nenos, mozas e mozos o necesario sentimento de conexión coa natureza, coa comunidade e co mundo no que viven, a través de actividades como: rutas de sendeirismo, xogos educativos na natureza, actividades de descuberta patrimonial, xincanas de observación e orientación, dinámicas de sensibilización ambiental, actividades deportivas e de auga no medio natural, grandes xogos e moito máis.

 

PREZO

225 € (desconto do 20% a partir da/o segunda/o irmá/n)

Inclúe aloxamento, manutención, actividades e transporte de ida e volta dende Vedra.

 

INSCRICIÓN (Prazas limitadas)***

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e enviar recibo de pagamento antes do 15 de xuño ao correo xuvenil@amabul.org.

Para garantir a reserva de praza é preciso realizar o ingreso do importe da matrícula de acordo aos seguinte datos:

Concepto: INSCRICIÓN CAMPA (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: 225 €

***A asignación de prazas realizarase atendendo estritamente á data de inscrición. 

 

INSCRICIÓNS PECHADAS