ESCOLA AMBIENTAL 15 DE MARZO 2025 (EA SCOUT)
Comezamos o mes de marzo na Escola Ambiental Amabul cunha actividade EA SCOUT!
Trátase dunha saída de campo ao Bosque de Ridimoas (Beade-Ourense) para a interacción cos seus elementos sociais, culturais, etnográficos e naturais co gallo de dar contido e significado ás persoas participantes dentro do seu contexto sociocultural e socioambiental, explorando o seu rol individual e colectivo na sociedade actual.
Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
DATA E HORARIO
Sábado 15 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Bosque de Ridimoas (Beade – Ourense)
INSCRICIÓN
Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario até o 8 de marzo.
INSCRICIÓNS PECHADAS
Actividade financiada pola


