FALADOIROS DA MEMORIA LOCAL
Seguimos cos “FALADOIROS DA MEMORIA LOCAL” cos que procuramos compilar historias dos lavadoiros ulláns grazas ás narrativas da veciñanza.
Esta actividade pertence ao proxecto “Faladoiros” financiado pola Deputación da Coruña, co que procuramos a recuperación da memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros ulláns.
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 15 de febreiro de 2025 ás 11:00 horas.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa con interese na preservación do legado cultural e social dos lavadoiros.
*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.
INSCRICIÓN
Para participar só tés que cubrir o seguinte formulario ANTES DO XOVES 13 DE FEBREIRO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a faladoiros@amabul.org

