FALADOIROS DA MEMORIA LOCAL
Presentamos a actividade “FALADOIROS DA MEMORIA LOCAL” do proxecto “Faladoiros” financiado pola Deputación da Coruña, co que procuramos a recuperación da memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros ulláns.
Trátase dunha actividade coa que procuramos compilar a historia do lavadoiro de Fontao (Vedra) a través das narrativas persoais da veciñanza.
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 25 de xaneiro de 2025 ás 10:00 horas.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa con interese na preservación do legado cultural e social dos lavadoiros.
*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.
PROGRAMA DA XORNADA
10:00h Recepción e Presentación do proxecto FALADOIROS.
10:30h Faladoiro da memoria local “O lavadoiro de Fontao”.
12:00h Almorzo con Amabul.
12:30h Visita ao lavadoiro de Fontao.
14:00h Peche da xornada.
Para participar só tés que cubrir o seguinte formulario ANTES DO XOVES 23 DE XANEIRO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a faladoiros@amabul.org

