XORNADA ERRADICADESCANTIA 27 DE AGOSTO 2023
Continuamos coas Xornadas de Voluntariado e Educación Ambiental “Erradicadescantia” cunha sesión de erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla.
Na actividade da tarde faremos unha descuberta sobre os réptiles que habitan a ribeira do Ulla, Zona de Especial Conservación Sistema Fluvial Ulla-Deza.
DATA E LOCALIZACIÓN
Domingo 27 de xullo de 2023 ás 10:00.
Área Recreativa de Agronovo (Vedra)
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.
* As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.
PROGRAMA DA XORNADA (MAÑÁ) PROGRAMA DA XORNADA (TARDE)
10:00h Recepción do Voluntariado 14:30h Xantar con Amabul
10:15h Formación do Voluntariado 16:00h Descuberta dos réptiles do Ulla
10:30h Labores de Erradicación I 17:30h Fin da actividade e despedida da xornada
12:00h Almorzo con Amabul
12:30h Labores de Erradicación II
14:00h Fin da Xornada de Erradicación
As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario, amais de disfrutar dunha exposición que trata a problemática da flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos.
Trátase dunha actividade pertencente ao programa “Aula Ambiental Ulla+23” financiado pola Deputación da Coruña e que conta coa colaboración do Concello de Vedra.
Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO VENRES 23 DE AGOSTO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

