BIOBLITZ FLORA FLUVIAL, Escola da Flora
Presentamos “Bioblitz flora fluvial” da Aula Ambiental Ulla+23 para o xoves 3 de agosto, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais especies de flora do bosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza mediante o desenvolvemento dun bioblitz.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 9:30 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da flora.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 1 DE AGOSTO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org

