AGROPAISAXE ULLÁ, Ciclo de itinerarios pedagóxico-paisaxísticos
Presentamos “Agropaisaxe ullá” da Aula Ambiental Ulla+23 para o mércores 23 de agosto, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento aos atributos humanos da paisaxe ullá.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas, dende onde nos desprazaremos ás parroquias de Merín e San Mamede.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese na descuberta da paisaxe ullá.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 21 DE AGOSTO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org

