AMEAZAS DO BOSQUE DE RIBEIRA, Escola da Flora
Volve a Escola da Flora coa actividade “Ameazas do bosque de ribeira” da Aula Ambiental Ulla+23 para o venres 25 de agosto, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais presións e ameazas que sofre o bosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza a través dunha acción comunitaria.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 9:30 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese na conservación da flora e dos bosques autóctonos.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 23 DE AGOSTO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org