ESPECIES PRIORITARIAS DO ULLA, Escola da Fauna
Volta a Escola da Fauna da Aula Ambiental Ulla+23 coa actividade “Especies prioritarias do Ulla” o venres 21 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás especies de fauna de interese comunitario presentes na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas, dende onde nos desprazaremos á Ruta de San Xoán da Cova.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da fauna.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 19 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org

