XORNADA ERRADICADESCANTIA 30 DE XULLO 2023

Continuamos coas Xornadas de Voluntariado e Educación Ambiental “Erradicadescantia” cunha sesión de erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla.

Na actividade da tarde faremos unha ruta interpretativa pola ribeira do Ulla, descubrindo a súa paisaxe e as principais especies, tanto animais como vexetais, que habitan esta Zona de Especial Conservación Sistema Fluvial Ulla-Deza.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Domingo 30 de xullo de 2023 ás 10:00.

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.

* As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.

 

PROGRAMA DA XORNADA (MAÑÁ)                                                PROGRAMA DA XORNADA (TARDE)

10:00h Recepción do Voluntariado                                                  14:30h Xantar con Amabul

10:15h Formación do Voluntariado                                                  16:00h Ruta interpretativa no Ulla: “San Xoán da Cova”

10:30h Labores de Erradicación I                                                     17:30h Fin da actividade e despedida da xornada

12:00h Almorzo con Amabul

12:30h Labores de Erradicación II

14:00h Fin da Xornada de Erradicación

 

As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario, amais de disfrutar dunha exposición que trata a problemática da flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos.

Trátase dunha actividade pertencente ao programa “Aula Ambiental Ulla+23” financiado pola Deputación da Coruña e que conta coa colaboración do Concello de Vedra.

Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO VENRES 27 DE XULLO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

 

    Se es menor de idade:

    XANTAR e ACTIVIDADE

    Marca a/s casiña/s se vas quedarte a xantar e/ou á actividade da tarde

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.