20 ANOS DE AMABUL

CONVIDÁMOSTE Á CELEBRACIÓN DOS 20 ANOS DE HISTORIA DE AMABUL! 

O vindeiro 24 de febreiro teremos un programa especial de actividades para conmemorar as dúas décadas de traxectoria.

Ademais, con motivo deste vixésimo aniversario, entregaremos un detalle especial a todas as persoas asociadas, que son parte fundamental da historia da asociación.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Sábado 24 de febreiro

Casa dos Peóns (Vilanova, Vedra)

 

PROGRAMA 

13:00 Acto de inauguración do 20 aniversario

13:30 Apertura da exposición  “A evolución de Amabul”

14:00 Ágape galego cortesía de Amabul

16:00 Conferencia “Educación Ambiental: de onde vimos, onde estamos e cara onde imos.” por Pablo Meira Cartea, profesor titular de Educación Ambiental na USC

17:00 Presentación das unidades didáctico ambientais da asociación Amabul por Rubén Villasenín Iglesias, autor e presidente de Amabul

18:00 Acto de clausura dos 20 anos de Amabul

 

Esperámoste!