XORNADA ERRADICADESCANTIA 15 DE OUTUBRO 2023
Continuamos coas Xornadas de Voluntariado e Educación Ambiental “Erradicadescantia” cunha sesión de erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla.
Na actividade da tarde faremos un Bioblitz, unha exploración cooperativa da biodiversidade da ribeira do Ulla.
DATA E LOCALIZACIÓN
Domingo 15 de outubro de 2023 ás 10:00.
Área Recreativa de Agronovo (Vedra)
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.
* As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.
PROGRAMA DA XORNADA (MAÑÁ) PROGRAMA DA XORNADA (TARDE)
10:00h Recepción do Voluntariado 14:30h Xantar con Amabul
10:15h Formación do Voluntariado 16:00h Bioblitz “Explora a biodiversidade”
10:30h Labores de Erradicación I 17:30h Fin da actividade e despedida da xornada
12:00h Almorzo con Amabul
12:30h Labores de Erradicación II
14:00h Fin da Xornada de Erradicación
As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario, amais de disfrutar dunha actividade de exploración da biodiversidade da ribeira do Ulla.
Trátase dunha actividade pertencente ao programa “Aula Ambiental Ulla+23” financiado pola Deputación da Coruña e que conta coa colaboración do Concello de Vedra.
Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO XOVES 12 DE OUTUBRO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org