Abrimos o prazo para inscribirse no noso Voluntariado Xuvenil.

Se tes entre 16 e 30 anos e tes gañas de dedicar un pouco do teu tempo a realizar un labor social e ambiental, Amabul é a túa opción.

Neste ano, as voluntarias e voluntarios participarán en actividades de lecer e tempo libre na Aula Ambiental Amabul, no coidado e conservación da contorna co proxecto Erradicadescantia e con actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero co proxecto Faladoiros.

E que recibe a cambio o/a voluntario/a?

  • Unha formación específica para o seu voluntariado.
  • Unha experiencia pre profesional moi valiosa.
  • Asesoramento e seguimento personalizado.
  • Un certificado oficial, expedido pola Consellería de Política Social, do seu voluntariado.
  • A cobertura polos correspondentes seguros.
  • A compensación dos gastos de transporte e manutención.

Se estás decidida/o, cubre o seguinte formulario cos teus datos e agarda que nos poñamos en contacto contigo; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a voluntariado@amabul.org

    Se es menor de idade:

    Sinala en que tipo de actividades che gustaría participar: